900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Alta inserción laboral das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia 2025/26

O 85% das persoas participantes acadaron os obxectivos de inserción laboral, segundo datos da entidade paritaria.

 

O 47% -é dicir, un total de 40- atoparon traballo en construción e afíns, axudando a paliar a falta de man de obra do sector grazas ao proxecto financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE).

Notícia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Un total de 85 das 100 persoas participantes no Programa Integrado de Emprego de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia 2025/26, que acaba de finalizar, acadaron os obxectivos de inserción laboral, segundo datos da entidade paritaria. Desta maneira, supérase amplamente o obxectivo de inserción mínimo comprometido, situado no 45%. 

De acordo coa información proporcionada por Fundación Laboral de la Construcción, das 85 persoas que atoparon traballo, o 47% -é dicir, un total de 40- fixérono en construción e afíns, axudando a paliar a falta de man de obra desta industria. Ademais, 21 das 40 persoas inseridas en empregos do sector teñen 30 anos ou menos, polo que o proxecto contribuíu á remuda xeracional nunha industria moi envellecida e sen relevo. 

21 prácticas en empresas 

Formar en oficios e prevención de riscos laborais en construción e traballar a intermediación laboral directa co tecido empresarial para mellorar a empregabilidade é a finalidade do programa, dirixido a persoas desempregadas das comarcas de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. 

O Programa Integrado de Emprego de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia 2025/26, concedido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), dirixiuse a 23 persoas no Centro de Arteixo, 26 no Centro de Santiago e 51 no Centro de Vigo.  

As persoas participantes contaron cun acompañamento e intermediación para asesoralas e orientalas sobre as oportunidades de formación e emprego que mellor encaixan coas súas situacións persoais e profesionais. Para iso, as empresas do sector achegáronse aos Centros de Fundación Laboral coa fin de coñecer e entrevistar ás persoas participantes que finalmente realizaron 21 prácticas en empresas.

Máis de 712 horas de formación vencellada ao sector

O programa incluíu  712 horas de formación en 38 especialidades do SEPE relacionadas co sector da construción tales como montaxe de estadas apoiadas; execución de paredes de ladrillo con revestimentos de placa de xeso; colocación de revestimentos continuos en fachadas; colocación de Sistemas de Illamento Térmico polo Exterior (SATE); operacións con plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) e formigón. 

Ademais cada participante dispuxo dunha bolsa de asistencia de 10€/día así como medidas de conciliación.

A finalidade deste tipo de programas é contribuír á dinamización do mercado laboral, implementando estratexias e accións conducentes a incrementar a empregabilidade e acadar a inserción laboral das persoas en busca activa de emprego. 

 

A convocatoria correspóndese coa ORDE do 16 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de Programas Integrados de Emprego de Galicia e convócanse para o ano 2025. Consulta aquí a convocatoria.
Máis información sobre a concesión do Programa Integrado de Emprego de Galicia 2025/26 a Fundación Laboral de la Construcción.

Subscrigui’s gratuïtament al nostre butlletí setmanal de notícies. .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Per no tornar a rebre el butlletí pots donar-te de baixa AQUÍ