900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Cotas

A partir de febrero de 2018 todos los boletines se generarán con código de barras. Más información

Contribución empresarial

O VII Convenio Xeral do Sector da Construción , estabelece a cota pagadoira á Fundación Laboral da Construción coma unha porcentaxe sobre a base de cotización á Seguridade Social. Para o ano 2023, a cota fíxase no 0,35%.

Forma de realizar o pagamento da cota

O pagamento da cota é obrigatorio e pódese facer:

  1. Enchendo o impreso que figura nesta páxina, elixindo a opción “Encher boletín online”.
  2. Por Internet, elixindo a opción “Pagamento por Internet” que figura nesta páxina Web (con cargo en conta bancaria).

Empresas de 10 ou máis traballadores

As empresas que teñan 10 ou máis traballadores deberán realizar o pagamento da cota a mes vencido.

Empresas de menos de 10 traballadores

As empresas (entendendo por empresa cada código de conta de cotización) que en xaneiro do ano en curso teñan menos de 10 traballadores poderán optar entre:

  • Presentación mensual do impreso na oficina recadadora e, xa que logo, o pagamento mensual da cota a mes vencido.
  • nio)Presentación semestral, en xullo (suma da totalidade das bases de xaneiro a xuño) e en xaneiro do exercicio seguinte (suma das bases de xullo a decembro) (BOE 16.03.2012).

Se a súa empresa elixe a modalidade de pagamento SEMESTRAL, debe comunicalo á Fundación Laboral, para que non se lles reclamen cotas.
Se quere pórse en contacto co departamento de cotas da Fundación Laboral, prema aquí.